Boletín de prensa N° 3.

*10 de Xullo de 2010*

A Brigada Europea de Solidaridade coas/cos Zapatistas, no seu camiñar, chega ao Caracol de La Garrucha e é amablemente recibida pola Junta de Buen Gobierno da Zona Selva Tzeltal.

A JBG falalles sobre os procesos de represión que están vivindo nesa zona, ben a través do hostigamento cara as Bases de Apoio Zapatistas por medio de grupos paramilitares como a OPDDIC, ou ben co intento constante de debilitar e dividir ás comunidades a través de programas de carácter asistencial que, como explicou a Junta, lonxe de ir á raíz dos problemas, máis ben os incrementa.

Durante a charla coas autoridades rebeldes que mandan obedecendo os acordos dos seus pobos, destacaron ante a Brigada que existe represión en diferentes rexións dos catro Municipios Autónomos desa Zona. Por exemplo, nas comunidades Peña Limonar e Amaitik, o goberno tenta provocar “conflictos intracomunitarios” dando amparo aos paramilitares.

Esa mesma estratexia utilizase tamén na comunidade de Arroyo Granizo. Os priístas tentaron arrebatar o gando e os pastos colectivos ás bases de apoio. O consello do municipio tenta entonces frenar unha resposta por parte dos campesiños que resultaron despoxados para non caer na provocación.

Nos Montes Azules, reserva da biosfera moi rica en recursos naturais e biodiversidade, conta a Junta que “o mal goberno paga a indíxenas para que abandonen as súas terras e así dar concesións a transnacionais farmacéuticas”. Ademais din que nesta zona selvática existen grandes intereses para os poderosos inversionistas como proxectos ecoturísticos, madereros, etc. Xa foi desaloxada a comunidade de Laguna San Pedro por resistirse a eses proxectos, e corren serio perigo as comunidades en resistencia Laguna Suspiro e Laguna Paraíso.

Así mesmo, a Brigada puido coñecer os importantes avances no proceso autónomo zapatista da Zona Selva Tzeltal e nas áreas de xustiza, traballo cooperativo, radios comunitarias e educación.

Outra área na que os pobos zapatistas poñen moito empeño é na saúde. As/os delegados e delegadas europe@s non só puideron visitar a Clínica Municipal senon que ademais coñeceron a Clínica da Muller “Comandanta Ramona”, todo un referente en canto ao dereito á saúde e os dereitos das mulleres. Inaugurada o 8 de Marzo de 2008, é levada adiante por promotoras de saúde non só para levar á practica o dereito á salude sexual e reproductiva senón tamén para reivindicar o seu dereito a participar en tódolos niveis da construcción da autonomía dacordo á lei revolucionaria das mulleres.