|
Os dìas 7 e 8 de agosto son dias de festa, polo que o dìa 7 regresan os grupos o caracol. Atopamonos un ambiente festivo moita xente chegou das distintas comunidades, reencontro dos brigadistas, agora somos 67 tod@s estamos content@s da nosa experiencia nas comunidades, pese o gran numero de persoas que quedaràn pola noite no caracol, se nos ofrece un espacio para instalarnos, todo està ben organizado.
Celebranse
os 5 anos de vida dos caracois zapatistas. O proxecto zapatista e un
proxecto que mira cara o futuro, son casi 25 anos de vida do EZLN, 14
dende o levantamento, moitas cousas levan acontecendo, a situación de
hostigamento non parou dende o levantamento pero a construcciòn da
Autonomìa vai cara adiante, podemolo constatar despois das visitas as
comunidades nas que coñecimos os problemas de acoso tanto por parte do
exercito federal como sobre todo por grupos paramilitares que incitan ao
conflicto entre comunidades non zapatistas con comunidades
zapatistas pero tamèn coñecimos os proxectos educativos, sanitarios,
as cooperativas e sobre todo o funcionamiento das autoridades nas
distintas comunidades nas que fomos recibidos e coidados polos compas
que canto maìs pobres mais xenerosos con tod@s nos.
Durante
2 dìas estamos de festa, hai competiciòns deportivas, baloncesto e
futbol, participan equipos masculinos e femininos, pola noite hai
actuacciòns varias e dous grupos musicais animan a noite e ¡tod@s a
bailar! O dia 8 hai comida para tod@s.
Os/as
brigadistas durante o dia facemos asambleas recollendo as distintas
experiencias. Cada grupo elavora seu propio informe, recollese audio,
video, fotos para levar o 10 de agosto, data de regreso a
San Cristóbal, un informe conxunto. Casi todas as entrevistas estan
recollidas en audio polas compañeiras de Regeneraciòn Radio do
D.F. :
www.regeneracionradio.org
|