|
INFORME DA CARAVANA NA VISITA O CARACOL Nº4 ARCO IRIS DEL NUEVO AMANECER, TORBELLINO DE NUESTRAS PALARAS.
Visita da Caravana o Caracol de Morelia. O 30 de xullo sae parte da Caravana cara o caracol n°4, composta inicialmente por 45 persoas de distintas nacionalidades (o día 3 de agosto incorpóranse 12 máis), entre as cales atopase M. Delia Perez (ex presa polìtica) pertencente a La Voz del Amate excarcelada o 24 de xullo. No caracol somos recibidos pola Junta del Buen Gobierno que nos da a Benvida e ofrecenos un espacio para durmir e unha cociña comunitaria.
Trala
presentación a JBG invita a que nos reunamos entre nos para
coordinarnos e elaborar entre todas un escrito que recolla as cuestións
que estamos interesadas para que nos responda a JBG.
O
31 de agosto o grupo permanecemos todo o día reunido en Asamblea que
permite non só coñecernos entre nos sinon tamén coñecer os colectivos
os que pertencemos, as inquietudes políticas e modos de traballo.
Establecense grupos de traballo para cubrir as necesidades: comida ,
limpeza, comisión de comunicación interna e de comunicación externa. O
final do día se lle entregan as preguntas a JBG, despois de escoitarnos
tod@s, sentimonos parte do grupo e sentimos como tod@s
somos responsables de tod@s, e somos conscientes de que de algún modo
somos unha comunidade e que na invitación da JBG nos dera a primeira
lección da como se constrúe a Autonomía.
O día 2 de agosto somos recibidos pola JBG para contestar parte das cuestións plantexadas:
“ el caracol comienza en lo más pequeñito y se va formando y termina abierto”
“ es como un cuerno que expande el sonido”
O
caracol é unha estructura organizativa que inclúe varios municipios
autónomos que a súa vez coordinan varias comunidades autónomas. No
caracol da Morelia fálanse tres idiomas: tzeltal, tzotzil e tojolabal,
ademais do castilla (que non tod@s falán).
Na construcción da Autonomía
partese da identidade cultural da comunidade por iso o traballo de
recollida de coñecementos tradicionais son
reflexadas na educación, sanidade e xustiza autónoma, o que require que
dende a propia comunidade, dende as súas circunstancias e necesidades
se elaboren os proxectos de Educación, Sanidade, Xustiza Autónoma.
Cada comunidade conta con varios Promotores/as de Saúde e Promotores/as de Educación (sempre, mulleres e homes) que
son propost@s dende a comunidade para a súa formación e a súa
aceptación supón traballar de un modo desinteresado para a comunidade.
SAÚDE
AUTÓNOMA: Os Promotores/as de Saúde xurden da necesidade de contar con un
servicio que atenda aos indíxenas, debe promover a prevención das
enfermidades polo que debe asesorar sobre hábitos alimentarios e
sanitarios nas comunidades. Os municipios son os encargados de formar
os Promotores/as. Existen 3 niveis, en cada nivel asúmese a tarefa de dar
fomación aos novos e novas. A mediciña tradicional adquire protagonismo,
preparanse medicamentos e fomentanse plantacións de plantas mediciñais
nas comunidades.
EDUCACIÓN
AUTONOMA: Os/as indíxenas estaban discriminad@s e humillad@s pola súa
lingüa, de ahí xurde a necesidade dunha educación autónoma e creanse os
promotor@s locais. Frente a unha educación imposta, a E.A. axuda o ben do
pobo, é na lingüa nai, o que se estudia è parte das nescesidades da
propia comunidade e sempre aberta a participación d@s nen@s que asisten
4 días a escola. Existen E. Comunitaria, E. Municipal e E. de Zona, en
cada unha delas as actividades educativas varían según os intereses das
comunidades e d@s alumn@s que participan na elaboración e organización
das actividades educativas.
MULLER: Antes non había igüaldade, coa loita zapatista as mulleres
organizanse e fan encontros para participar na loita e conseguir a
igualdade na casa e na organización. En cada pobo comezase a
organizar e a participar en cargos, na producción, na saúde e na
educación.
REPARTICIÒN
DE XUSTIZA: O exercicio da xustiza respecta esta autonomía de cada comunidade,
municipio e caracol. En todos existen @s delegad@s de Honor e Xustiza.
Cando alguèn pide xustiza, 1° investigase no lugar, logo as
autoridades, de acordo co delito aplican o acordo de lei que consiste
en reparar o delito. Existe un reglamento local, municipal e do caracol, dependendo da gravidade do delito pasa de nivel 1, 2, 3 e si é moi grave faise unha asamblea.
A
JBG despois de respostar as nosas preguntas, informanos que o día 3
saímos para comunidades, debemos dividirnos en 3 grupos,
posteriormente incorporarase un novo grupo. O 3 de agosto saén 3 grupos cara 3 municipios: 1°. 17 Novembro. 2°. Che Guevara. 3°. Vicente Guerrero.
|