ContraInfo Global
Comunicados
Noticias
Arte na Resistencia
Crónicas das Brigadas
O outro Mexico
Palestina
Nicaragua
Multimedia
Galería de Imaxes
Audios e videos
Autenticação





Esqueceu a senha?
Sem conta? Criar Conta!
Inquéritos
Como nos coñeces?
 
Difusão de Notícias
 
 

Copenhaga, Inteligencia, saber e fazer colectivo vs inoperancia.
21-Dez-2009
Máis crónicas urgentes desde cOPENhaga luns 14/12/09
 

Jornada de transiçom na (contra)cimeira de Copenhaga. No espaço público,

varias acçons descentraliçadas, como as dxs companheiras do CIRCA -grupos

clowns que participam de intervençons, encontros e contracimeiras

reivindicativas- que conseguirom entrar em varias embaixadas

"primeiromundistas" a modo de denuncia da responsabilidade de estes

estados no actual momento de crise climática, acompanharom a movilizaçom

central de hoje na que a rede "No Borders" ("Fronteiras Nom") fijo visivel

a ligaçom, latente em paralelo, entre mudança climática e

migraçom.


Ler mais...
 
das comunidades indixenas a grecia sahara colombia
10-Dez-2009

a mixteca no camiño e subimos a comunidades

e cada vez costa mais sacar unha cronica

e ate as veces se resiste o poema

os xogos coas chamacas os duros traballos

e os irmans priistas do compañeiro

os fosiles de caracolas mariñas e o posible fosil dun touro primitivo

o tremendo almorzo nun comedor e outra vez paga o mixteco

a igrexa construida enriba das construccions das xentes das nubes

coas suas pedras saqueadas e algunhas esculturas mixtecas

incrustadas na parede do templo do medo

os grabados das iguanas confirman que esta rexion

hai centos de anos era moito mais verde e húmida

e algunhas destas historias como que se repiten

pero dias despois xa se entrelazaron estas palabras

a los mixtecos nos gusta vivir

con nuestras casas un poco apartadas

con nuestra huerta y animales …

dixome un compañeiro hai uns anos

 

cando subimos ao cerro guiados por un avispado mozo

que naceu e medrou entre estas milpas e peñascos

fomos a ver as pinturas dos chamados gentiles

e os restos das antigas construccions uns cobertos e gardados

pola maleza e outros saqueados hai pouco tempo

e entre unhas e outros pisamos anacos de ceramicas olas pratos …

a bretema xa se vai quen sabe donde

e unha muller un pouco mais abaixo xa leva horas traballando

ela e a sua familia viven ben separadas das outras casas mixtecas

entre o cerro e o ollo de auga a comunidade que regala a auga

a vila de tlaxiaco pero segue sen ela nos seus fogares


a muller ordeña as vacas fai o queixo e carga o zacate para elas

a muller a sua familia ordena e carga sobre ela a casa


Ler mais...
 
nova viaxe ao outro mexico cronika primeira 1-11-09
01-Nov-2009

nova viaxe ó outro mexico cronica primeira



nova chegada a cidade de mexico meses despois doutra viaxe

e da aparicion da chamada gripre porcina e logo denominada gripe a

e este suceso é aprobeitado polas transnacionais farmaceuticas

e polo represor goberno para intensificar o control social

a gripa está mui presente no aeroporto parisino onde facemos trasbordo

e hai algunhas mascariñas nas caras de temerosas persoas

e en diversos cartaces que falan da tamen chamada pandemia

e presente no avion galo e no aeroporto mexica da cidade de chegada

un papeliño verde temos que cobrir poñendo aspas ou non

nos cuadradiños correpondentes a se temos mareos febres vómitos diarreas

e outros sintomas de gripas e tamen doutros achaches moi distintos pois



Ler mais...
 
A Milpa e o Paliacate.
21-Out-2009
00_capa

A Milpa e o Paliacate (nos camiños do outro mexico), por Manolo Pipas.

3º Libro xa do compañeiro Manolo Pipas, desta volta poemas e crónicas con debuxos de Eva Castro. A terra e a comunidade, a revolta os golpes e a resistencia, as chamacas e os xogos, o paliacate e o pasamontañas, o camiño e os espacios, a trenza e o rebozo, Atenco e o plantón, as pedras e a memoria, as palabras e o camiño.


Ler mais...
 
Segunda crónica desde o NOM-G8:::8/7/09
08-Jul-2009
Segunda crónica desde o NOM-G8.

"Nom havía nem a necesidade de fazer piquetes. A policia agardava
evidentemente a que nós formásemos piquetes com o fim de provocarnos e
agredirnos"
Nanni Balestrini "Lo queremos todo-la insurreción-"

O realmente preocupante do devir societario do sistema-mundo europeio,
occidental se assim o preferimos, nom é apenas a dificultade dos
movimentos para fazer-se notar, ouvir, comprender. Nom deveríamos pensar
que é um problema de ausencia de activistas, militantes, projectos ou
realidades. As experiencias quotidianas de luita consciente agromam pola
europa enteira cada día de forma máis vírica e evidente.
O problema real é como fazer fronte a umha vida militarizada,
excepcionalizada, tornada na esquizofrenia do controlo social. Como fazer
fronte a isto, e sobre todo como fazer-nos comprender pola ciudadanía
apesadumbrada, confundida e hipnotiçada pola gestom a e práctica das
quotidianidades securitarias do Occidente Fortaleça singular.

Ler mais...
 
Primeira crónica desde Roma: 12:48 [7/6/2009] Quake G8
08-Jul-2009
Desde o vértice do NOM-G8


"Practicamente estava a amençer, um sol vermelho e fermoso alçava-se no
horizonte. Estavamos mui cansos, extenuadas. Era suficiente por esta
vez. Baixamos e voltamos a casa"
Nanni Balestrini, "Lo queremos todo (Vogliammo tutto)"

Oito anos tenhem passado desde o assassinato de Carlo. Oito anos extranos
cheos de desconcerto; oito anos que prevíamos de mudança radical, de
propostas movimentistas no plano do comum deserto do real, e de mutaçons
sistémicas que, na Europa, nom tenhem chegado, ou polo menos nom o tenhem
feito nos jeitos aos que aspirávamos. Paradoxalmente temos asistido á
debacle do sistema capitalista, que receta máis capitalismo como
particular remedio a si mesmo.
Oito anos depois de Genova, atopando-nos numha crise financieira sem
precedentes e numha crise de subjetividades (parece que) sem alicientes,
os movimentos parecem nom acavar de ser quem de articular propostas
ilusionantes para o mundano cenario social.

Ler mais...
 
Projecçom de "Corazón del tiempo" Umha viagem ao coraçom da revolta zapatista
29-Jun-2009
Image

Quando estam preto de cumplir-se 16 anos desde o levantamento que em
janeiro de 1994 logrou visiviliçar umha revoluçom no agora que irrigou e
irriga os diversos territorios do altermundialismo global, chega ao nosso
pais a estrea de umha longametragem de ficçom feita de e desde a revolta
zapatista.
Um documento audiovisual no que as actrices e actores som "bases de apoyo"
do EZLN na súa vida real.
Zapatistas que encarnam umha historia quotidiana no plano audiovisual: o
particular día a día nas comunidades da Selva Lacandona creadoras de novos
e ilusionantes horizontes na realidade do surleste mexicano. Umha historia
que transita polos cambios socioculturais que máis de um decenio de
Autonomía Zapatista tenhem logrado inserir no centro da questom da
emancipaçom indígena. Ao cabo, umha historia de amor..

Venres 3 de julho de 2009
20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) A Corunha
Rúa Durám Loriga, 10 baixo
A Corunha
Entrada de balde.

Com apresentaçom de varias activistas do colectivo FugaEmRede.

Ler mais...
 
A questom Zapatista hoje
19-Abr-2009
A questom Zapatista hoje. Umha aproximaçom actual desde o México rebelde

Estas linhas apenas pretendem dar umhas breves sugerencias ao abeiro do que hoje, no marco do novo plano de governanças e resistencias globais, supom a questom Zapatista. Umha questom admirada e vilipendiada; umha matriz, proposta e aposta resolta como pura energia em movimento; composta, por igual, de semiótica e carne, de politica e vida, de armas: palavras (d)e rebeldía. Composto sobre todo, de gestos e Amor, muito Amor, um Amor Revolucionario.
Hoje, máis de um quarto de século depois do parto que deu luz a umha titubeante e clásica guerrilha na Serra Lacandona, deveríamo-nos preguntar, que tanto de influencia tivo e tem a Questiõm Zapatista no agora dos nossos movimentos quotidianos, no manha das nossas miradas ao presente, no sempre dos nossos sonhos de futuro insurgente; preguntarmo-nos que porçom de realidade mutou no nosso entorno glocal da mao do verbo feito carne, aqui no surleste do subcontinente mexicano.
Ler mais...
 
as comunidades e as resistencias 4-09
05-Abr-2009

es bien pequeña tu casa

pero grande el corazon

golpeada tu region

avanza con la palabra

la milpa bien cosechada

los granos i el nixtamal

la tortilla en el comal

i el plato de los frijoles

en la mesa ya nos pones

pones tu comunidad


esta decima naceu en lingua castilla para devolverlle

as familias e as comunidades un pouquiño de todo o que nos deron

a comunalidade o tequio a autonomia o apoio mutuo

e os foros as concentracions as marchas as platicas e as dignas rabias



Ler mais...
 
Galiza Non Se Vende!
11-Fev-2009

O día 15 de Febreiro saimos a rúa pola defensa da terra e do território. Porke vemos perfectamente como a clase política deste país goberna para o grande capital e non manda obedecendo as xustas demandas, dos veciños e veciñas das aldeas, das vilas e dos barrios.

A outra democracia, a directa, a real, a de base, a participativa, está akí e agora, exercemola en cada momento das nosas vidas, en cada asamblea, en cada loita.
A sua suposta democracia nos exclue, non nos toma en conta, levan adiante os seus plans de negocio e privatización neoliberais sin miramentos.
Ninguén pode mandar en nós nin impoñernos os seus sucios negocios pola forza, para explotarnos, desaloxandonos e desarraigandonos, despreciandonos, reprimindonos.

Ler mais...
 
A Digna Raiva Global: México, Gaza, Galiza.
02-Jan-2009

A raiva que todo o ocupa. Esta raiva que é digna e rebelde; a rebelde raiva que enche de berros de justiça os montes da Lacandona no Festival da Raiva Digna que está a ter sucesso nestes mesmos días no México insurgente. 

A mesma raiva que nom podemos nem queremos conter ao ver o assassinato em massa no sul da Palestina Histórica. Um povo em resistência assassinado numha carcel colectiva: a faixa de Gaza.

Desde FugaEmRede apoiamos e secundamos todas aquelas manifestaçons de repulsa que estam a explosionar na Galiza. As da Galiza digna e rebelde. Nom assim as da Galiza sumisa e institucional que vende armas a Israel com umha mao e trata de agarrar umha faixa em favor de Gaza na outra.

A onda por Palestina é irrepresentável! 

A Digna Raiva da Galiza com Gaza: http://galiza.indymedia.org

 
FugaEmRede coa Plataforma Galega AntiOXM
23-Nov-2008
26N: Galiza libre de transxénicos!
O vindeiro Mércores, 26-N, ás 11:30 am todas/os ao Parlamento Galego!!! Debate da Proposición non de lei para a declaración da Galiza zona libre de transxénicos.
 
 17668
 

 

 

 

 

 

 

Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos acudirán ao debate. Mentras, no exterior, organizarase unha acción-protesta (pancartas, disfraces...) para deixarmos ben claro que o povo galego rexeitamos a manipulación xenética da Nosa Terra.

Estamos perante dunha oportunidade histórica. Tod*s sabemos o muito que hai que traballar para cambiar as cousas, desta vez estamos a tempo de paralas antes de que sucedan.

A nosa terra zona libre de transxénicos,
todas/os nós somos responsábeis desta loita. 

 
os ventos da reistencia e os eólicos en oaxaca
19-Nov-2008
  fenosa endesa iberdrola ....

 

 la nueva conquista

cartaz de los vientos de la resistencia

 tres novas caravelas zarpan dos portos da peninsula

e avanzan cara o istmo de tehuantepec entre o atlantico

e o pacifico nese pais que chaman mexico

con muiños de vento como escudos pintados

nas suas desafiantes velas ao caron das cruces

as naves ocupan os cultivos dos pobos indixenas

cos seus muiños que agora seran autentitos xigantes

duas caravelas aos lados chamadas endesa e iberdrola

e no medio a caravela mais grande chamada union fenosa

 

 

 

Ler mais...
 
<< Início < Anterior | 1 2 3 4 5 6 | Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 18 de 97

Ligaçons
Colectivos
Medios Alternativos
Loitas-Resistencia
Noticias doutras Webs
Correo
Usuaria: Contras:
Quem está Em Linha
Temos 1 visitante em linha
2010 FugaEmRede, Copyleft
Joomla! é um software livre disponibilizado sob licença GNU/GPL.