| |
|
|
|
|
Brigada ao outro Mexico 09 |
|
|
|
| |
|
24-Fev-2010 |
|
Xornadas Zapatistas.
Días, programa e horarios:
Venres 12 de Marzo ás 19:30: Proxección, El Violín.
Sinopse: http://www.labutaca.net/films/44/elviolin.htm#
Venres 19 de Marzo ás 19:30: Proxección, Zapatista.
Sinopse: http://www.bignoisefilms.com/films/features/90-zapatista
Venres 26 de Marzo ás 19:30: Proxección, Autonomía Zapatista: otro
mundo es posible + Debate/palestra con membros de Fuga Em Rede.
Sinopse: http://www.autonomiazapatista.com/documentalgrupo.html
Sábado 27 de Marzo ás 19:30: Proxección, Curtas sobre La Otra
Campaña: "Isla del tiburón, nuestro corazón" + "El acuerdo Yaqui" +
"Desde San José de la zorra"
Sinopse, aí vai: En Outubro do 2006 o Subcomandante Insurxente
Marcos e unha delegación do Congreso Nacional Indíxena (CNI) son
recibidos por pobos indíxenas no noroeste de México no marco do
percorrido por toda a república da Outra Campaña. O reto: facer visible
a realidade dos pobos esquecidos desa parte de México. Estaremos na
Illa do Seri, no val do Yaqui e no territorio ancestral Kumiai.
+
E despois a bailar, cos Labregos do Tempo dos Sputniks, en apoio a autonomía zapatista.
"Porque si en esta revolución non se baila non é a miña revolución"
Organizan:
C.S. A Fouce + Fuga Em Rede.
|
|
|
21-Dez-2009 |
|
Máis crónicas urgentes
desde cOPENhaga luns 14/12/09
Jornada de transiçom na
(contra)cimeira de Copenhaga. No espaço público,
varias acçons
descentraliçadas, como as dxs companheiras do CIRCA -grupos
clowns que participam de
intervençons, encontros e contracimeiras
reivindicativas- que
conseguirom entrar em varias embaixadas
"primeiromundistas"
a modo de denuncia da responsabilidade de estes
estados no actual momento
de crise climática, acompanharom a movilizaçom
central de hoje na que a
rede "No Borders" ("Fronteiras Nom") fijo visivel
a ligaçom, latente em
paralelo, entre mudança climática e
migraçom.
|
|
Ler mais...
|
|
|
10-Dez-2009 |
|
a mixteca no
camiño e subimos a comunidades
e cada vez
costa mais sacar unha cronica
e ate as
veces se resiste o poema
os xogos
coas chamacas os duros traballos
e os irmans
priistas do compañeiro
os fosiles
de caracolas mariñas e o posible fosil dun touro primitivo
o tremendo
almorzo nun comedor e outra vez paga o mixteco
a igrexa
construida enriba das construccions das xentes das nubes
coas suas
pedras saqueadas e algunhas esculturas mixtecas
incrustadas
na parede do templo do medo
os grabados
das iguanas confirman que esta rexion
hai centos
de anos era moito mais verde e húmida
e algunhas
destas historias como que se repiten
pero dias
despois xa se entrelazaron estas palabras
a los
mixtecos nos gusta vivir
con
nuestras casas un poco apartadas
con
nuestra huerta y animales …
dixome un
compañeiro hai uns anos
cando
subimos ao cerro guiados por un avispado mozo
que naceu e
medrou entre estas milpas e peñascos
fomos a ver
as pinturas dos chamados gentiles
e os restos
das antigas construccions uns cobertos e gardados
pola maleza
e outros saqueados hai pouco tempo
e entre
unhas e outros pisamos anacos de ceramicas olas pratos …
a bretema xa
se vai quen sabe donde
e unha
muller un pouco mais abaixo xa leva horas traballando
ela e a sua
familia viven ben separadas das outras casas mixtecas
entre o
cerro e o ollo de auga a comunidade que regala a auga
a vila de
tlaxiaco pero segue sen ela nos seus fogares
a muller
ordeña as vacas fai o queixo e carga o zacate para elas
a muller a
sua familia ordena e carga sobre ela a casa
|
|
Ler mais...
|
|
|
01-Nov-2009 |
|
nova
viaxe ó outro mexico cronica primeira
nova
chegada a cidade de mexico meses despois doutra viaxe
e
da aparicion da chamada gripre porcina e logo denominada gripe a
e
este suceso é aprobeitado polas transnacionais farmaceuticas
e
polo represor goberno para intensificar o control social
a
gripa está mui presente no aeroporto parisino onde facemos trasbordo
e
hai algunhas mascariñas nas caras de temerosas persoas
e
en diversos cartaces que falan da tamen chamada pandemia
e
presente no avion galo e no aeroporto mexica da cidade de chegada
un
papeliño verde temos que cobrir poñendo aspas ou non
nos
cuadradiños correpondentes a se temos mareos febres vómitos
diarreas
e
outros sintomas de gripas e tamen doutros achaches moi distintos pois
|
|
Ler mais...
|
|
|
21-Out-2009 |
A Milpa e o Paliacate (nos camiños do outro mexico), por
Manolo Pipas.
3º Libro xa do compañeiro Manolo Pipas, desta volta poemas e
crónicas con debuxos de Eva Castro. A terra e a comunidade, a revolta os golpes
e a resistencia, as chamacas e os xogos, o paliacate e o pasamontañas, o camiño
e os espacios, a trenza e o rebozo, Atenco e o plantón, as pedras e a memoria,
as palabras e o camiño.
|
|
Ler mais...
|
|
|
08-Jul-2009 |
Segunda crónica desde o NOM-G8.
"Nom havía nem a necesidade de fazer piquetes. A policia agardava
evidentemente a que nós formásemos piquetes com o fim de provocarnos e
agredirnos"
Nanni Balestrini "Lo queremos todo-la insurreción-"
O realmente preocupante do devir societario do sistema-mundo europeio,
occidental se assim o preferimos, nom é apenas a dificultade dos
movimentos para fazer-se notar, ouvir, comprender. Nom deveríamos pensar
que é um problema de ausencia de activistas, militantes, projectos ou
realidades. As experiencias quotidianas de luita consciente agromam pola
europa enteira cada día de forma máis vírica e evidente.
O problema real é como fazer fronte a umha vida militarizada,
excepcionalizada, tornada na esquizofrenia do controlo social. Como fazer
fronte a isto, e sobre todo como fazer-nos comprender pola ciudadanía
apesadumbrada, confundida e hipnotiçada pola gestom a e práctica das
quotidianidades securitarias do Occidente Fortaleça singular.
|
|
Ler mais...
|
|
|
08-Jul-2009 |
|
Desde o vértice do NOM-G8
"Practicamente estava a amençer, um sol vermelho e fermoso alçava-se no
horizonte. Estavamos mui cansos, extenuadas. Era suficiente por esta
vez. Baixamos e voltamos a casa"
Nanni Balestrini, "Lo queremos todo (Vogliammo tutto)"
Oito anos tenhem passado desde o assassinato de Carlo. Oito anos extranos
cheos de desconcerto; oito anos que prevíamos de mudança radical, de
propostas movimentistas no plano do comum deserto do real, e de mutaçons
sistémicas que, na Europa, nom tenhem chegado, ou polo menos nom o tenhem
feito nos jeitos aos que aspirávamos. Paradoxalmente temos asistido á
debacle do sistema capitalista, que receta máis capitalismo como
particular remedio a si mesmo.
Oito anos depois de Genova, atopando-nos numha crise financieira sem
precedentes e numha crise de subjetividades (parece que) sem alicientes,
os movimentos parecem nom acavar de ser quem de articular propostas
ilusionantes para o mundano cenario social.
|
|
Ler mais...
|
|
|
29-Jun-2009 |

Quando estam preto de cumplir-se 16 anos desde o levantamento que em
janeiro de 1994 logrou visiviliçar umha revoluçom no agora que irrigou e
irriga os diversos territorios do altermundialismo global, chega ao nosso
pais a estrea de umha longametragem de ficçom feita de e desde a revolta
zapatista.
Um documento audiovisual no que as actrices e actores som "bases de apoyo"
do EZLN na súa vida real.
Zapatistas que encarnam umha historia quotidiana no plano audiovisual: o
particular día a día nas comunidades da Selva Lacandona creadoras de novos
e ilusionantes horizontes na realidade do surleste mexicano. Umha historia
que transita polos cambios socioculturais que máis de um decenio de
Autonomía Zapatista tenhem logrado inserir no centro da questom da
emancipaçom indígena. Ao cabo, umha historia de amor..
Venres 3 de julho de 2009
20:30
Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) A Corunha
Rúa Durám Loriga, 10 baixo
A Corunha
Entrada de balde.
Com apresentaçom de varias activistas do colectivo FugaEmRede.
|
|
Ler mais...
|
|
|
19-Abr-2009 |
A questom Zapatista hoje.
Umha aproximaçom actual desde o México rebelde
Estas
linhas apenas pretendem dar umhas breves sugerencias ao abeiro do que
hoje, no marco do novo plano de governanças e resistencias globais,
supom a questom Zapatista. Umha questom admirada e vilipendiada; umha
matriz, proposta e aposta resolta como pura energia em movimento;
composta, por igual, de semiótica e carne, de politica e vida, de
armas: palavras (d)e rebeldía. Composto sobre todo, de gestos e Amor,
muito Amor, um Amor Revolucionario.
Hoje, máis de um quarto de
século depois do parto que deu luz a umha titubeante e clásica
guerrilha na Serra Lacandona, deveríamo-nos preguntar, que tanto de
influencia tivo e tem a Questiõm Zapatista no agora dos nossos
movimentos quotidianos, no manha das nossas miradas ao presente, no
sempre dos nossos sonhos de futuro insurgente; preguntarmo-nos que
porçom de realidade mutou no nosso entorno glocal da mao do verbo feito
carne, aqui no surleste do subcontinente mexicano.
|
|
Ler mais...
|
|
|
05-Abr-2009 |
|
es bien pequeña tu
casa
pero grande el corazon
golpeada tu region
avanza con la palabra
la milpa bien cosechada
los granos i el nixtamal
la tortilla en el comal
i el plato de los frijoles
en la mesa ya nos pones
pones tu comunidad
esta decima naceu en
lingua castilla para devolverlle
as familias e as
comunidades un pouquiño de todo o que nos deron
a comunalidade o tequio a
autonomia o apoio mutuo
e os foros as
concentracions as marchas as platicas e as dignas rabias
|
|
Ler mais...
|
|
|
11-Fev-2009 |
|
O día 15 de Febreiro saimos a rúa pola defensa da terra e do
território. Porke vemos perfectamente como a clase política deste país
goberna para o grande capital e non manda obedecendo as xustas
demandas, dos veciños e veciñas das aldeas, das vilas e dos barrios.
A
outra democracia, a directa, a real, a de base, a participativa, está
akí e agora, exercemola en cada momento das nosas vidas, en cada
asamblea, en cada loita.
A sua suposta democracia nos exclue, non
nos toma en conta, levan adiante os seus plans de negocio e
privatización neoliberais sin miramentos.
Ninguén pode mandar en nós
nin impoñernos os seus sucios negocios pola forza, para explotarnos,
desaloxandonos e desarraigandonos, despreciandonos, reprimindonos.
|
|
Ler mais...
|
|
|
02-Jan-2009 |
|
A raiva que todo o ocupa. Esta raiva que é digna e rebelde; a rebelde raiva que enche de berros de justiça os montes da Lacandona no Festival da Raiva Digna que está a ter sucesso nestes mesmos días no México insurgente.
A mesma raiva que nom podemos nem queremos conter ao ver o assassinato em massa no sul da Palestina Histórica. Um povo em resistência assassinado numha carcel colectiva: a faixa de Gaza.
Desde FugaEmRede apoiamos e secundamos todas aquelas manifestaçons de repulsa que estam a explosionar na Galiza. As da Galiza digna e rebelde. Nom assim as da Galiza sumisa e institucional que vende armas a Israel com umha mao e trata de agarrar umha faixa em favor de Gaza na outra.
A onda por Palestina é irrepresentável!
A Digna Raiva da Galiza com Gaza: http://galiza.indymedia.org
|
|
|
23-Nov-2008 |
26N: Galiza libre de transxénicos!
O vindeiro Mércores, 26-N, ás 11:30 am todas/os ao Parlamento
Galego!!! Debate da Proposición non de lei para a declaración da Galiza
zona libre de transxénicos.

Representantes da Plataforma Galega Antitransxénicos acudirán ao
debate. Mentras, no exterior, organizarase unha acción-protesta
(pancartas, disfraces...) para deixarmos ben claro que o povo galego
rexeitamos a manipulación xenética da Nosa Terra.
Estamos perante dunha oportunidade histórica. Tod*s sabemos o muito
que hai que traballar para cambiar as cousas, desta vez estamos a tempo
de paralas antes de que sucedan.
A nosa terra zona libre de transxénicos,
todas/os nós somos responsábeis desta loita.
|
|
| | << Início < Anterior | 1 2 3 4 5 6 | Seguinte > Final >>
| | Resultados 1 - 18 de 98 |
|
|
Quem está Em Linha |
|
Temos 1 visitante em linha |
|